Ir o contido principal

Entrega de premios do XXIX Maratón Fotográfico do Campus

6/11/2023 - 19.00 horas

A cerimonia desenvolverase o 6 de novembro, a partir das 19.00 horas, na Biblioteca Intercentros, onde tamén se inaugurará unha mostra cunha escolma das fotografías presentadas a concurso

As entidades organizadores do XXIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo, unha das citas máis consolidadas da programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, celebrarán o vindeiro 6 de novembro, a partir das 19.00 horas, a cerimonia de entrega de premios ás tres imaxes máis valoradas polo xurado, ao tempo que se procederá a apertura dunha mostra cunha escolma das fotografías presentadas ao certame.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2023.