Salón de Actos
O vicerreitor Francisco Fraga preside o xoves 30, ás 18.30 horas, na EPS de Enxeñaría, a cerimonia de entrega dos galardóns convocados polo Ibader, no marco da que o investigador do CSIC Antonio Turiel ofrecerá o relatorio ‘O futuro da enerxía’

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga, preside este xoves 30 de novembro, a partir das 18.30 horas, no salón de actos Isaac Díaz Pardo da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, a cerimonia de entrega da sexta edición dos Premios Rafael Crecente a Propostas Innovadoras de Xestión Territorial, un galardón convocado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), a través do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) en memoria do finado Rafael Crecente Maseda. O investigador do CSIC e divulgador científico Antonio Turiel ofrecerá o relatorio titulado ‘O futuro da enerxía’, no marco dun acto público ao que confirmou a súa asistencia a directora Xeral do Agader, Inés Santé.