Evento organizado pola Asociación de médicos galegos Asomega

A entrega do XXII Premio Nóvoa Santos de Investigación terá lugar o vindeiro 3 de setembro no Paraninfo da USC. Na mesa presidencial do acto estarán presentes Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Julio Ancochea, presidente de Asomega; Antonio López, reitor da USC e Federico Plaza, director de asuntos gobernamentais de Roche Pharmaceuticals.
Ás 18.30 horas, momento do inicio do acto, o reitor dará a benvida como anfitrión, e dará paso ao presidente de Asomega, tras o cal intervirá Federico Plaza. O catedrático da UDC Javier Muñiz realizará a laudatio da ganadora, Pilar Rodríguez Ledo, da USC, que a continuación impartirá a conferencia 'A AP, un abano de oportunidades, dende a Medicina Rural á COVID persistente'.
Na posterior entrega de galardóns, Núñez Feijoo entregará a medalla a Pilar Rodríguez Ledo, Julio Ancochea o diploma e o cheque, Federico Plaza o diploma ao proxecto de investigación, e Miguel Santalices, presidente do Parlamento galego, o diploma ao proxecto de humanización. A clausura do acto correrá a cargo do presidente da Xunta de Galicia.