Ir o contido principal

Entrega do XXIV Premio Aresa á Moexmu

1/03/2024 - 20.00 horas

Lugo
Auditorio

O reitor da USC, Antonio López, preside este venres a entrega do galardón a prol do desenvolvemento á candidatura representada pola comisión organizadora da Moexmu, no marco dunha sesión que comezará ás 20.00 horas no auditorio de Veterinaria

Facultade de Veterinaria da USC
Facultade de Veterinaria da USC

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, preside este venres, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, n cerimonia de entrega do XXIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un acto público no que tamén intervirán o presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a conselleira e directora de Marketing e Exportación de Aceites Abril, Elena López Canal, que ofrecerá o relatorio ‘O aceite que pon en valor a gastronomía local’.

O xurado encargado de resolver o Premio Aresa, un galardón convocado pola USC xunto con grupo empresarial lugués e que contempla unha dotación de 10.000 euros, ademais de placa conmemorativa, acordou distinguir a candidatura da Mostra Exposición Muimenta (Moexmu) pola súa contribución á profesionalización do sector gandeiro, á remuda xeracional, ao desenvolvemento rural e á posta en valor da gastronomía local.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2024.