Ir o contido principal

Regueifas de Ciencia

'Son os eólicos compatibles co medio e a sostibilidade?'

27.06.2023 | 19.30h

A Nave de Vidán
Santiago de Compostela e Lugo

Xabier Monteagudo, Serafín González Prieto, Carlos Rodríguez e Rosa Regueiro pechan esta tempada regueifeira o martes 27 de xuño nun debate cuxa temática foi escollida polo público

Regueifas de Ciencia | 'Son os eólicos compatibles co medio e a sostibilidade?'
Regueifas de Ciencia | 'Son os eólicos compatibles co medio e a sostibilidade?'

O programa de debates Regueifas de Ciencia, unha iniciativa promovida pola USC con financiamento da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), programa a derradeira sesión da tempada 22-23 o martes 27 de xuño, cun faladoiro arredor dos eólicos e a súa relación co medioambiente e a sostibilidade. O tema que centra o debate foi escollido por votación do público na última das sesións celebradas.

O encontro arrancará ás 19.30 horas na Nave de Vidán e contará coas intervencións de Xabier Monteagudo, responsable de Desenvolvemento de Negocio en Galicia de Capital Energy; Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural; Carlos Rodríguez, director xeral de Proxectos en Emberiza e asesor ambiental;  e Rosa Regueiro, investigadora en Economía Ambiental da USC.

A sesión,  de acceso libre ata completar a capacidade da sala, poderá seguirse en liña.

Regueifas de Ciencia | 'Son os eólicos compatibles co medio e a sostibilidade?'
Regueifas de Ciencia | 'Son os eólicos compatibles co medio e a sostibilidade?'
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2023.