Mércores, 11 de marzo, ás 12.00 horas
A actriz Benedicta Sánchez, que vén de ser galardoada co Goya por ‘O que arde’, participará como madriña deste acto simbólico que se desenvolverá o mércores 11 de marzo
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo pretende render unha homenaxe á muller rural coa dedicatoria do pavillón 3 do centro universitario lugués a este colectivo feminino. Este recoñecemento explícito farase visible o mércores 11 de marzo, a partir das 12.00 horas, no marco dun acto público no que actuará como madriña a actriz Benedicta Sánchez, que vén de ser galardoada nos Premios Goya pola súa participación en ‘O que arde’.