Ir o contido principal

Congreso internacional en liña

'A Escatoloxía Medieval'

28.07.2021 | 09.00h

Evento organizaco pola USC, o departamento de Historia da USC, a Sociedade Española de Estudos Medievais e o grupo Recerca Estudis Medievals

Cartel do evento
Cartel do evento

O congreso en liña 'A Escatoloxía Medieval' terá lugar os vindeiros 28, 29 e 30 de xullo a través de Microsoft Teams. Nel abordarase a escatoloxía, un dos compoñentes centrais da cultura cristiá medieval. O fin do mundo, o Xuízo Final, a salvación, o mesianismo, o Anticristo, a Apocalipse e o milenarismo son elementos ineludibles no que xeralmente podemos describir como 'escatoloxía medieval'.

Este escenario escatolóxico medieval pódese atopar a través de feitos, autores, textos, movementos sociais ou representacións culturais e artísticas. A intención deste congreso internacional é proporcionar un lugar para reflexionar sobre estes e outros temas propostos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2021.