Ir o contido principal

Concertos de Música de Cámara

A Escola na Cidade

29.03.2022 | 20.30h

Santiago de Compostela
Paraninfo

Organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais do Concello de Santiago en colaboración coa USC

Cartel do concerto
Cartel do concerto

O alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerá o martes, día 29 de marzo, un programa musical con obras de Wolfgang Amadeus Mozart e Franz Schubert. 

As pezas serán interpretadas por Carla Alonso Borrego (violín I), Julia Filón (violín II), Álvaro Godoy Usó (viola), e Ana Represas Catalán (violoncello), baixo a dirección do profesor Plamen Velev. 

O recital, organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais do Concello de Santiago en colaboración coa USC, comezará ás 20.30 horas no Paraninfo da USC. A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.03.2022.