Organizado pola Escola de Altos Estudos Musicais do Concello de Santiago en colaboración coa USC

O alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerá os vindeiros mércores 11 e xoves 12 dous novos concertos do programa 'A Escola na Cidade' no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. Ambos os concertos serán ás 20.30h con entrada libre ata completar cabida.
O primeiro deles, especializado en corda, contará con Estefanía del Barrio (violín I), Daniela Lewysohn (violín II), Ayse Yavuz (viola), Carmen Diego (violoncello) e Marcos Vázquez (contrabaixo) e con Natalia Madisson de profesora, nun programa centrado en composicións de Franz Schubert.