Salón de Actos
O mestre, pedagogo e coordinador nacional das Escolas de Ensino Galego ‘Semente’, Santiago Quiroga García, ofrece este venres, ás 12.00 horas, un relatorio en Formación do Profesorado, no marco dunha sesión na que se proxectará o documental ‘Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego á Semente’

O pedagogo e mestre de ensino primario no CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto (Boqueixón, A Coruña), Santiago Quiroga García, que coordina a nivel nacional as Escolas de Ensino Galego ‘Semente’, unha rede de centros educativos sen fins lucrativos, laicos, anovadores e de inmersión lingüística en Galego, ofrecerá este venres 22 de decembro, ás 12.00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo, o relatorio ‘As Escolas do Insiño Galego: centenario da primeira incorporación do galego ao ensiño (1923-2023)’.
A intervención de Quiroga García, organizada por Francisco Xosé Candia Durán, profesor da materia Teoría e Historia da Educación Escolar na Facultade de Formación do Profesorado da USC, estará seguida da proxección do documental ‘Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego á Semente’.