Ir o contido principal

Escoitas | Encontros

'O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea'

10.06.2023 | 11.00h-20.30h

Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela colabora con esta iniciativa cara á aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro

Cartel do festival
Cartel do festival

O día 10 de xuño a Casa de Europa vira en sede dunha das xornadas do festival 'O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea', un encontro que afonda na vangarda da creación sonora galega e no diálogo que establecen cos arquivos tradicionais,

O programa arrancará ás 11.00 horas no Parque de Vistalegre coa 'Escoita: Verde Loureiro', un itinerario da man da man da bióloga Cristina Fuentes e o pandereiteiro Gabi Reboredo para coñecer as especies que habitan nel e escoitar as cancións que as retratan. A seguir, o 'Encontro: Un novo mapa' reúne xa no interior da Casa a Abe Rábade, De Ninghures, Mondra e Moura nunha conversa moderada por Violentos Anos Vinte. 

As sesións de tarde arrancan ás 16.30 horas co 'Encontro: o arquivo polo que vale', no que a antropóloga e musicóloga Beatriz Busto profundará no uso e boas prácticas dos arquivos do patrimonio musical oral. As integrantes de Canctometrics tomarán o relevo coa 'Escoita: O arquivo galego de Alan Lomax', que permitirá ás asistentes descubrir o acervo sonoro cartografiado polo etnomusicólogo estadounidense en Galicia nos anos 50, un material imprescindible no estudo e recuperación do noso patrimonio oral. A última das sesións comezará ás 19.30 horas e tecerá un percorrido pola parte baixa da Casa de Europa e polos seus exteriores, no que Antía Vázquez poñerá voz ás cantigas que ilustran os diferentes espazos e elementos que podemos atopar arredor desta antiga casa colonial de principios do XX, antigamente propiedade da familia Simeón e actualmente xestionada pola USC.

Programa
Programa
Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2023.