30.11.2021 | 17.30h
Organizado polo Centro de Estudos sobre o Sahara Occidental da Universidade de Santiago de Compostela (CESO-USC)

O Centro de Estudos sobre o Sahara Occidental da Universidade de Santiago de Compostela (CESO-USC) organiza o martes 30 de novembro un Seminario para analizar os últimos desenvolvementos do conflito do Sahara Occidental e a súa repercusión para España.
O Seminario contará con cinco presentacións, dúas en liña e tres presenciais desenvolvendo diferentes aspectos do problema. Desenvolverase na Sala de Profesorado da Facultade de Dereito ás 17'30 horas.