De forma previa ao acto, entre as 10.30 e as 12.00 horas, a promoción e a súas familias, acompañadas dunha representación do equipo docente e do Comité organizador, coñecerán as instalacións do CESGA nunha visita guiada polo director da institución e parte do seu equipo.
O sábado, día 14 de maio, o programa ESTALMAT- Galicia celebra o acto de clausura do curso 2021-22 e despide a promoción que iniciou estudos en 2019. O acto oficial celebrarase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas ás 12.30 horas e contará coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Mª del Pilar Murias Fernández; da decana da Facultade de Matemáticas e Presidenta de ESTALMAT- Galicia, Elena Vázquez Cendón; do presidente de ESTALMAT-España e académico da Real Academia das Ciencias Exactas Físicas e naturais de España, Manuel de León Rodríguez; da presidenta de AGAES, Natividad Parada Pérez, e da coordinadora académica de ESTALMAT- Galicia, Sandra Díaz Mouro.
Durante o evento, intervirán tamén Sergio Alba Vázquez e Pablo Soutullo Parada en representación do estudantado, e Mª Trinidad Pérez López, responsable de Relacións e Actividades coas Familias, que dará lectura dos premios do OPEN Matemático.
O evento finalizará coa entrega de diplomas ao alumnado da promoción de 2019.
De forma previa ao acto, entre as 10.30 e as 12.00 horas, a promoción e a súas familias, acompañadas dunha representación do equipo docente e do Comité organizador, coñecerán as instalacións do CESGA nunha visita guiada polo director da institución e parte do seu equipo.
ESTALMAT -GALICIA é un programa avalado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España, conta co apoio da USC, da Consellería de Cultura, Educación e Universidades, da Axencia Galega de Innovación e das Deputacións da Coruña, Lugo e Ourense.