Ir o contido principal

Xornada en liña: 3 anos de ESAR-Net

'Estimación do abuso de drogas e outras aplicacións da análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos'

04.11.2020 | 10.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

A Rede Española de Análise de Augas Residuais con Fins Epidemiolóxicos está composta por seis grupos de investigación que pretenden difundir o potencial desta ferramenta de análise

Cartel do seminario
Cartel do seminario

A análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos aplicouse na última década para ofrecer información obxectiva e a tempo real de datos xeográficos e temporais do consumo e a exposición humana a un gran número de substancias.

O obxectivo da xornada é presentar o traballo desenvolvido pola rede ESAR-Net, amosar o gran potencial desta metodoloxía para obter información sobre o consumo de drogas e outras substancias de abuso, ademáis de datos sobre a exposición ao virus SARS-CoV-2, e, para rematar, establecer un foro de intercambio de coñecementos entre distintas disciplinas.  

O encontro en liña terá lugar o vindeiro 4 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas, e poderá seguirse en directo a través de Microsoft Teams. A inscrición pode formalizarse nesta ligazón. Para máis información está dispoñible o correo electrónico info [at] esarnet.es (info[at]esarnet[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2020.