03.05.2021 | 20.30h
Este evento forma parte da XXI Mostra de Teatro Universitario de Galicia

O vindeiro 3 de maio a Compañía de Teatro da USC estrea a súa produción 'A casa da forza (2, 52 - 88)', un traballo dramatúrxico das páxinas 52 a 82 do texto de Angélica Liddell 'La casa de la fuerza'.
Para asistir a este evento, poderanse retirar as entradas da billeteira do Teatro Principal a partir das 18.00 horas. A función terá lugar ás 20.30.
O reparto está conformado por Marta Casais, Inma Fernández, Manuel Fernández, Antía González e Irene Penela. A posta en escena é de Roberto Salgueiro, e a duración da función sera de unha hora.