A compañía compostelá que dirixe Roberto Salgueiro bota o pano das funcións programadas no XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo

A compañía de teatro USC-Santiago de Compostela, representará o martes 20 de abril, a partir das 20.00 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire, a obra ‘A casa da forza 2, 52-58’, unha obra dirixida por Roberto Salgueiro e que servirá para botar o pano das funcións programadas no marco do XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo.
As persoas interesadas en poder asistir como público poden solicitar de balde xa as entradas, a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). Os aforos de cada función estarán determinados pola normativa sociosanitaria vixente e a reserva de entradas poderá facerse vía telemática ata as 12.00 horas do día de cada función e tamén na entrada do auditorio.