Ir o contido principal

EUCHEMSIL 2024

23.04.2024-27.04.2024 | 09.00h

Santiago de Compostela
Facultade de Química

Desenvólvese en Química dende este martes 23 ata o vindeiro venres
Desenvólvese en Química dende este martes 23 ata o vindeiro venres

Logo do éxito da reunión celebrada en Patras (Grecia) no ano 2022, a 29 Conferencia EUCHEM sobre sales fundidas e líquidos iónicos (EUCHEMSIL 2024) trasládase esta semana a Compostela, que acollerá este importante evento dende este martes 23 ata o vindeiro venres. Previo á xuntanza puramente científica, as persoas participantes foron recibidas no Colexio de Fonseca pola Vicerreitora de Política científica, Pilar Bermejo.

A 29th EUCHEMSIL, cuxo comité organizador preside o catedrático  da USC Luis Miguel Varela Cabo, dá comezo este martes ás 9:00 na Facultade de Química coa participación de máis de 150 expertos de universidades e centros de investigación procedentes de 25 países que presentarán as súas achegas no campo das sales fundidas e os líquidos iónicos, sistemas fundamentais na investigación básica e aplicada ademais de na industria.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2024.