Ir o contido principal

Exposición '8 libros, 8 mulleres que cambiaron o mundo'

18.03.2024-18.04.2024

Santiago de Compostela
Biblioteca

Biblioteca da Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Biblioteca da Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

A Biblioteca Universitaria inaugura este luns 18 de marzo ás 13.30 horas a exposición '8 libros, 8 mulleres que cambiaron o mundo' na Facultade de Filoloxía. A mostra presenta unha selección de obras escritas por mulleres que mudaron o mundo con palabras; terá carácter itinerante e poderase ver nas distintas bibliotecas da USC.

A exposición recolle obras senlleiras da ecoloxía, a literatura ou a política escrita por mulleres. A idea orixinal da mostra e o deseño é de Pedro Quílez. Tratase dunha mostra que está presente noutras bibliotecas do estado. No caso da USC, fíxose a tradución ao galego e escolléronse as versións na nosa lingua para aquelas obras que contaban cunha edición en galego.

Esta mostra consta de 9 paneis: un introdutorio e 8 mais dedicados a unha muller e a súa obra, cun breve fragmento desta. As obras recollidas nos paneis son: Frankenstein ou o moderno prometeo (1818), de Mary Shelley; A cabana do Tio Tom (1851) de Harriet Beecher Stowe; Abaixo as armas (1889) de Bertha Von Suttner; O voto feminino e mais eu (1936) de Clara Campoamor; Matar un reiseñor (1960) de Harper Lee;  Primavera silenciosa (1962) de Rachel Carson; Eichmann en Xerusalén (1963) de Hanna Arendt e A mística da feminidade (1963) de Betty Friedan.

A mostra, que recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a súa realización, desprazarase á Biblioteca Concepción Arenal posteriormente; alí estará do 23 de abril ata o 16 de maio. Proximamente anunciaranse a data na que se poderá ver nas demais bibliotecas e as actividades relacionadas coa exposición.

Cartel da mostra
Cartel da mostra
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2024.