Ir o contido principal

Exposición 'O desastre ambiental do Prestige'

11.04.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Proxectarase o documental ‘Alegría’ de Ecoloxistas en Acción

Recollida de chapapote nunha praia galega. Foto: Stéphane M. Grueso
Recollida de chapapote nunha praia galega. Foto: Stéphane M. Grueso

O afundimento do Prestige e as súas consecuencias ambientais protagonizan unha exposición que este xoves 11 se inaugurará na Facultade de Bioloxía. ‘O desastre ambiental do Prestige’ é unha produción itinerante do grupo ecoloxista Ecoloxistas en Acción e poderá visitarse ata o 11 de maio no corredor principal do centro.

A mostra inaugurarase o propio día 11 coa proxección, ás 12.00 horas no Salón de Graos da facultade, do documental ‘Alegría’ e un coloquio posterior a cargo de dous membros da asociación.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2024.