Ir o contido principal

Rede de mulleres Confía

Exposición HEURA

04.11.2022 | 12.00h

Unha mostra itinerante cara á divulgación do programa Confía, que apoia iniciativas de autoemprego para mulleres en situación ou risco de vulnerabilidade.

Exposición HEURA
Exposición HEURA

O vindeiro venres 4 de novembro, ás 12.00 horas, inaugúrase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a exposición Heura, unha montaxe audiovisual con fotografías e vídeos para divulgar e conmemorar o 10º Aniversario do Programa Confía para mulleres en situación ou risco de vulnerabilidade.

Este proxecto, promovido pola organización Treball Solidari, conta con financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e chega a Compostela como parte dunha itinerancia por distintas localidades da contorna estatal que a levarán a visitar Castela León, Cantabria, Cádiz, Murcia, Barcelona e Madrid. 

O Programa Confía púxose en marcha no ano 2011 en Baleares para apoiar iniciativas de autoemprego de mulleres en situación de vulnerabilidade. Trátase dun iniciativa innovadora que fusiona técnicas de formación e acompañamento ao emprendemento comúns en Europa coas metodoloxías de microcrédito grupal tan estendidas nos países do Sur. Actualmente o Programa funciona en Baleares, Madrid e Barcelona, xestionando 30 grupos que reúnen un total de 444 mulleres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2022.