Ir o contido principal

Facctmedia. Impacto das plataformas de fact-checking e proposta curricular

13.12.2023 | 16.00h-19.00h

Santiago de Compostela
Aula 8

Cartel do Seminario
Cartel do Seminario

Os resultados do proxecto de investigación Facctmedia no que participa o Grupo de Estudos Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC preséntanse este mércores 13 de decembro nun seminario que se desenvolverá na aula 8 da Facultade.

O seminario comezará ás 16.00 horas coa presentación dos resultados máis salientables por parte da investigadora principal do proxecto, Marta Pérez Pereiro. A partir das 17.00 horas iníciase unha mesa redonda titulada 'Desinformación e fact-checking en Galicia' na que participan Natalia Sequeiro de 'El Correo Gallego', David Reinero de 'Praza Pública', Xosé Manuel Pereiro en representación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a moderadora Sara Pérez Seijo do Grupo Novos Medios da USC.

Entregarase diploma de participación.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.12.2023.