Ir o contido principal

A Facenda Liberal e as prácticas fiscais, a análise no III Seminario Coregal

30/3/2023 - 11.00 horas

O catedrático de Historia e institucións económicas da UVigo Rafael Vallejo Pousada, abordará o xoves 30 de marzo o sistema impositivo do Estado Liberal español e a súa posible relación con diferentes formas de prostesta popular en Galicia

Cartaz do seminario
Cartaz do seminario

O catedrático de Historia e institucións económicas da UVigo Rafael Vallejo Pousada impatirá o xoves 30 de marzo, a partir das 11.00 horas, na aula 16 da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, o seminario ‘A Facenda Liberal e as prácticas fiscais’. A entrada é libre e de balde para todo o público que teña interese pola temática.

Este seminario está incluído na programación de actividades organizadas ao abeiro do proxecto de investigación ‘Comunidad, conflicto y revuelta en la Galicia rural del siglo XX’ (Coregal), coordinado por Ana Cabana e Aba Díaz Geada. De feito, a temática desta sesión de primavera do III Seminario Coregal, permitirá ao profesor Vallejo Pousada afondar sobre o sistema impositivo do Estado Liberal español coa finalidade de poder aprehender a súa relación con diferentes formas de protesta popular en Galicia, tal e como o foron os motíns ou as revoltas rexistradas ao longo dos tempos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2023.