Ir o contido principal

FACOM FEST

29.11.2022-02.12.2022 | 12.00h-22.00h

Santiago de Compostela

O alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación organiza un festival para dar visibilidade a novas creacións

O Facom Fest desenvólvese do 29 de novembro ao 2 de decembro
O Facom Fest desenvólvese do 29 de novembro ao 2 de decembro

Do 29 de novembro ao 2 de decembro, a Facultade de Ciencias da Comunicación a USC celebra o Facom Fest, unha iniciativa promovida polo alumnado do centro para visibilizar as primeiras obras das novas xeracións do audiovisual galego.

Búscase dar unha maior vida ás pezas realizadas polo estudantado que curse algunha titulación de carácter audiovisual e artístico en Galicia, que en moitas ocasións quedan reducidas aos traballos de clase sen a expectativa dun visionado público.

O festival pretende tamén conformar un espazo no que compartir os diversos talentos e intereses do alumnado, proporcionando un punto de encontro no que poida comezar a construír a súa rede de contactos, darse a coñecer no sector e gañar unha experiencia práctica máis próxima ao mundo profesional.

O programa, dispoñible en liña, inclúe proxeccións da sección competitiva (dividida nas categorías de ficción, non ficción e videoclips) e da sección non competitiva, alén de numerosas actividades paralelas. Entre elas, atopamos obradoiros de creación de videoclips e técnicas de pitching, conversas con profesionais do sector con relación co centro, unha mesa redonda sobre diversidade nos contidos dixitais e os concertos de Futuro Alcalde e Aeronave Adolescente.

As sesións do festival desenvolveranse no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, o Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, no Museo das Peregrinacións e na Sala Moon. 

Programa de actividades
Programa de actividades
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2022.