Ir o contido principal

Semana Internacional dos Arquivos 2022

'A familia Malvar: o ascenso social a través dos documentos de nobreza'

08.06.2022 | 18.00h-20.00h

Sala de Conferencias

O investigador Ernesto Vázquez Rei, membro do Consello Internacional de Arquivos e presidente da Fundación Malvar, ofrece esta conferencia organizada polo Arquivo Histórico Universitario

Cartel da Semana Internacional dos Arquivos 2022
Cartel da Semana Internacional dos Arquivos 2022

Do luns 6 ao venres 10 de xuño, o Arquivo Histórico Universitario celebra a Semana Internacional dos Arquivos, que en 2022 emprega o lema 'Somos Arquivo' para nos convidar a reflexionar sobre o que os estas institucións representan para a sociedade e o que implica ser arquiveira ou arquiveiro na actualidade.

Con este obxectivo, a Sala de conferencias do Arquivo Histórico Universitario acollerá o mércores 8 de xuño  ás 18.00 horas o relatorio 'A Familia Malvar: o ascenso social a través dos documentos de nobreza', unha conferencia a cargo de Ernesto Vázquez-Rey, investigador, membro do Consello Internacional de Arquivos e presidente da Fundación Malvar.  Auspiciado en gran medida polos documentos conservados no Arquivo da USC, o autor afondará na análise de diversas executorias de fidalguía e expedientes de limpeza de sangue e nobreza que permitiron aos membros da familia Malvar gozar dunha preeminencia social e política ao longo da historia.

Doutra banda, o venres 10 de xuño, ás 12.00 horas, desenvolverase unha visita guiada ás instalacións do arquivo. A iniciativa está limitada a 20 persoas por mor da capacidade do espazo, motivo polo cal se aconsella contactar co AHUS a través do enderezo arquivo.historico [at] usc.es (arquivo[dot]historico[at]usc[dot]es)

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2022.