Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'A familia no novo réxime da discapacidade'

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Xustiza. Fonte: Pixabay
Xustiza. Fonte: Pixabay

Universidade de Verán quere, por medio deste curso, dar a coñecer a transcendencia social e xurídica do Proxecto de Lei polo que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio das persoas con discapacidade que actualmente se está tramitando nas Cortes e cuxa aprobación é inminente. Preténdese explicar tanto o contido teórico e normativo da reforma como os seus aspectos prácticos, con especial atención ao seu impacto nas familias.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 25 horas lectivas, abrangue do 19 ao 21 de xullo.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 70 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 9 de xullo, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2021.