Ir o contido principal

Presentación de resultados do proxecto

Fan-Best. Apoio á Economia Azul no Eixe Atlántico

16.06.2022 | 11.00h

Cidade da Cultura

A USC lidera este proxecto de investigación transnacional que conta con financiamento de FEDER a través do Programa Interreg Espazo Atlántico.

Xornada de presentación de resultados do proxecto Fan-Best
Xornada de presentación de resultados do proxecto Fan-Best

A Universidade de Santiago de Compostela presenta os resultados  e as novas actividades dentro do marco do proxecto FAN-BEST.

O proxecto FAN-BEST ten como obxectivo fomentar a transferencia de tecnoloxía ás PEMES no ámbito dos sectores da economía azul e a explotación dos recursos mariños mediante a creación dunha rede de entidades públicas e privadas centradas na captación de fondos que posibiliten a fase de inicio e ampliación.A USC coordina este proxecto transnacional que conta con financiamento de FEDER a través do Programa Interreg Espazo Atlántico.

O evento terá lugar o día 16 de xuño as 10.30 horas na Cidade da Cultura e contará coa presenza de Silvia Cortiñas Fernández, Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que presentará a Estratexia de Economía Azul Sostible de Galicia, así como con  Iago Domínguez, xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia que nos permitirá coñecer a importancia do mar para a mobilidade e o tráfico de mercadorías.

Dentro dos resultados relevantes do proxecto atópanse:

· Creación dun Porfolio de Instrumentos Financeiros que permitiu lograr un maior coñecemento das posibilidades de financiación dentro de Economía Azul.

· Servicio de Coaching no que se apoiou a un total de 18 emprendedores e start-ups nos 5 países participantes.

· Identificación de stakeholders na Economía Azul.

· Desenvolvemento da plataforma Stock Market con información actualizada sobre a tecnoloxía e as innovación para o uso de recursos marítimos.

Ao evento será posible asistir en persoa ou virtualmente. En ambos os casos prégase confirmar asistencia cubrindo o formulario en liña

Para máis información pódese contactar no correo coach [at] fanbest.eu (coach[at]fanbest[dot]eu) ou na páxina web do proxecto

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2022.