Ir o contido principal

Festival de artes escénicas 'USCénica 2020'

'ferro, federici', a cargo de Helena Salgueiro

02.07.2020 | 20.30h

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

O aforo estará reducido seguindo o protocolo de seguridade. O despacho para retirar as entradas permanecerá aberto desde as 19.00 horas

Imaxe do espectáculo. Foto: Helena Salgueiro
Imaxe do espectáculo. Foto: Helena Salgueiro

Este poema performático, a cargo de Helena Salgueiro, terá lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, e o prezo da entrada será de 3 euros. A función comeza ás 20.30 horas e dura 35 minutos.

A obra 'ferro, federici' fala do corpo da muller como máquina de traballo do capitalismo, creador da forza de traballo por excelencia. Baseado nas ideas da feminista e marxista Silvia Federici, este é un poema escénico no que a arte de acción, a poesía e a danza flutúan de xeito visceral, conformando un canto contemporáneo ás bruxas e á reapropiación do sangue e do lume.

O festival 'USCénica 2020' terá lugar entre o 1 e o 18 de xullo. Esta iniciativa, que se desenvolverá entre a sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, o Salón Teatro e a terraza do Auditorio da Universidade, inclúe tanto funcións de teatro coma concertos. A totalidade da recadación do festival irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. A tal efecto, pódese adquirir unha butaca 0 para contribuír a esta axuda sen asistir a ningunha función, facendo un ingreso no nº de conta ES69 0049 1467 29 2010476054 (Banco Santander). 

Dado o aforo reducido, non existe a posibilidade de mercar un abono para todo o festival. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a ningún dos espazos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2020.