29.06.2022 | 20.30h
Salón Teatro (Rúa Nova, 34)
USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo

A compañía teatral VACAburra participa en 2022 no USCénica coa obra Festina Lente, unha coprodución co Centro Coreográfico Galego, en residencia na Sala Ártika de Vigo e co acompañamento de Galicia Danza Contemporánea.
A función terá lugar o mércores 29 de xuño ás 20.30 horas no Salón Teatro. As entradas teñen un prezo de 3 euros e estarán dispoñibles no despacho de billetes do mesmo espazo dende as 18.30 horas.
Máis información na páxina web do evento.