Ir o contido principal

Festividade da Facultade de Óptica e Optometría

11.12.2024 | 12.00h

Aula Magna Carlos Gómez-Reino

Xirará en torno ao Diploma Europeo en Optometría como garantía da calidade do Grao en Óptica e Optometría

Sesión de prácticas en óptica e optometría. Foto: Santi Alvite
Sesión de prácticas en óptica e optometría. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Óptica e Optometría celebra o mércores 11 a festividade do centro cun acto que xirará en torno ao Diploma Europeo en Optometría como garantía da calidade do Grado en Óptica e Optometría. O evento desenvolverase a partir das 12.00 horas na Aula Magna Carlos Gómez-Reino.

No acto intervirán o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González; a decana da Facultade, María Jesús Giráldez; a responsable da Xunta de Cualificacións Europeas do Diploma Europeo en Optometría (European Council of Optometry and Optics), Julie-Anne Little; e a presidenta do Colexio profesional de Ópticos Optometristas de Galicia, Esther Amaro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2024.