Ir o contido principal

Festividade da Inmaculada 2022, patroa da Facultade de Farmacia

16.12.2022 | 12.30h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Durante o acto procederase a entrega das Insignia de Ouro ao persoal xubilado do centro, dos Diplomas ás doutoras e doutores do curso 2021/2022, dos premios do IX Concurso de Ideas para a Portada de TFG's da Facultade e dos Premios do VII Concurso TED Saúde

A Facultade de Farmacia celebra a festividade do centro. Foto de arquivo de Santi Alvite
A Facultade de Farmacia celebra a festividade do centro. Foto de arquivo de Santi Alvite

A Facultade de Farmacia celebra o venres 16 de decembro a festividade da Inmaculada, patroa do centro. A partir das 12.30 horas o Salón de Graos acollerá un acto académico que abrirá o reitor Antonio López e que contará coas intervencións do secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; da decana da Facultade, Reyes Laguna Francia, da subdirectora xeral de Farmacia da Xunta de Galicia, Silvia Reboredo García,  da secretaria da Facultade, Matilde Casas Parada e da profesora María José Alonso, quen pronunciará a conferencia 'Da Farmacia Galénica á Nanotecnoloxía Farmacéutica'

O acto incluirá a entrega da Insignia de ouro da Facultade ao persoal xubilado do pasado curso: María Enjo Rey, Ángel Joaquín Concheiro Nine, Leopoldo Óscar García Martín, María Asunción Lage Yusty, Manuel Lamela González, Santiago Rodríguez Segade Vilamarin, María Lourdes Santana Penín.  Entregaranse tamén os diplomas ás doutoras e doutores que completaron estudos no curso 2021-2022: Cristina Fernández Paz, Estefanía Fernández Paz, Lorena García del Río, Carlota García Santiago, Laura Gómez García, Jesús Martínez Sotelo, Victor Santos Rosales, María Vivero López. 

Ademais, a cerimonia acollerá a entrega de galardóns do IX Concurso de Ideas para Portada de Traballos de Fin de Grao da Facultade de Farmacia da USC, patrocinados por Bancofar, que distinguiu as propostas de Samuel Rey Viña (1º premio),  Marta Gerpe González (accésit) e Emma Martín Casal (accésit). 

Finalmente, entregaranse tamén os premios do VII Concurso de Subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde, que o Servizo de Normalización Linguística convoca para fomentar a existencia de contidos en galego no campo das ciencias da saúde. Lucía Campillo Rey, Sandra Mariño Cortegoso, Inés Rodríguez Chas, e Daniel López Fernández son as persoas autoras das propostas premiadas nesta edición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2022.