Ir o contido principal

Festividade da Patroa da Facultade de Farmacia

20.12.2023 | 12.30h-15.30h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

O reitor Antonio López preside o acto académico no Salón de Graos

Laboratorio da Facultade de Farmacia. FOTO: Santi Alvite
Laboratorio da Facultade de Farmacia. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Graos da Facultade de Farmacia é o escenario que acolle este mércores 20 a partir das 12.30 horas o acto académico que abrirá o reitor Antonio López, con motivo da festividade da Inmaculada, patroa do centro. A seguir, a secretaria da Facultade, Matilde Casas, lerá a Memoria Académica 2022-23 e despois procederase a entregarlle a insignia de ouro da Facultade ao persoal xubilado do curso pasado e entregaranse tamén os diplomas ás persoas que se doutoraron no curso 2022-23.

A continuación, a profesora Beatriz Brasa pronunciará a conferencia 'Breve historia dos estudos de Farmacia en Santiago de Compostela' e a representante de Bancofar Sonia Fernández entregará os premios do IX Concurso de ideas para portada de Traballos de Fin de Grao da Facultade, patrocinado pola entidade. Tamén se entregará o premio do I Concurso de ideas para a felicitación de Nadal da Facultade.

O acto rematará coa intervención da subdirectora xeral de Farmacia da Consellería de Sanidad, Silvia María Reboredo, tras a cala falará a decana da Facultade de Farmacia, Reyes Laguna Francia e clausurará o acto o reitor Antonio López.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2023.