Ir o contido principal

Festividade de San Alberte Magno

14.11.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

No transcurso do acto, procederase á Imposición da insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela ao profesor Felipe Gago Couso. Matemáticas acolle este ano o acto conmemorativo da festividade que comparte coas facultades de Bioloxía, Ciencias, Física e Química

O acto desenvolverase na Facultade de Matemáticas. FOTO: Santi Alvite
O acto desenvolverase na Facultade de Matemáticas. FOTO: Santi Alvite

A Aula Magna da Facultade de Matemáticas acolle este martes 14 de novembro o acto institucional co gallo da festividade de San Alberte Magno. O acto que se desenvolverá a partir das 12.00 horas, estará presidido polo reitor Antonio López e contará coa conferencia 'Matemáticas para o avance científico do século XXI', impartida polas profesoras Rosa Crujeiras Casais, Pilar Salgado Rodríguez e Elena Vázquez Abal.

A continuación, Francisco Morales Vidal intervirá en nome do estudantado, mentres que a decana de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, falará en representación do seu centro, así como dos decanatos de Bioloxía, Química, Ciencias e Física. 

No transcurso do acto, procederase á Imposición da insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela ao profesor Felipe Gago Couso da área de Álxebra do departamento de Matemáticas e coordinador da Olimpíada Matemática Española en Galicia; así como á entrega de galardóns do certame 'A ciencia en imaxe'. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.11.2023.