O acto institucional está dedicado nesta ocasión a todo o profesorado xubilado pola súa implicación na formación dos profesionais sanitarios en xeral e dos médicos/as en particular

O reitor Antonio López presidirá o acto conmemorativo da festividade de San Lucas, patrón da Facultade de Medicina, nunha sesión na que o profesor Juan Gestal pronunciará a lección maxistral titulada 'Erros, éxitos e leccións da pandemia COVID-19'.
Tamén se entregarán as Placas Honoríficas da Facultade de Medicina aos profesores xubilados durante os cursos 2019-2020 e 2020-21: Angeles Lorenzo Lago, Antonio Canedo Lamas, José Ramón Fernández Lorenzo, Manuel López-Rivadulla Lamas, Piedad Virginia Fernández Redondo, Mª Carmen Segura Iglesias, Alejandro Novo Domínguez, José Luis Bello López, Antonio Crespo Abelleira, Alvaro Ruibal Morell e Carlos Fernández González.