O centro celebrar a festividade do seu patrón nun acto que presidirá o reitor Antonio López e no que se lle entregarán placas conmemorativas ao profesorado xubilado o pasado curso
O acto conmemorativo do patrón do centro comezará coa lectura da lección maxistral 'El médico enfermo: de Quirón a nuestros días' impartida polo doutor Luis Ferrer i Balsebre. Deseguido, a secretaria académica da Facultade, Mª del Pilar Fernández Rodríguez, dará lectura á entrega de Placas honoríficas ao profesorado xubilado durante o curso 22/23: Juan Barros Dios, María Teresa Castaño Oreja, Manuel Macía Cortiñas e Juan Antonio Varela Durán.
A continuación tomarán a palabra a xerenta do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Eloína Núñez Masid, e o decano Julián Álvarez Escudero. Pechará a sesión o reitor Antonio López.