Salón de actos 'José Rodríguez Mourelo'
O reitor da USC, Antonio López, preside este venres o acto conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino na Facultade de Ciencias, no marco do que o catedrático Julio A. Seijas Vázquez ofrecerá a lección maxistral 'Química sostible: oxímoro ou pleonasmo?'

O reitor da USC, Antonio López, presidirá o venres 27 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, o acto académico conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade.
O reitor abrirá esta sesión académica logo dunha breve intervención musical, trala que o catedrático Julio A. Seijas Vázquez ofrecerá unha lección maxistral baixo o título ‘Química sostible: oxímoro ou pleonasmo?’. Ao seu remate, o discurso do reitor da USC servirá de peche dun acto académico que a USC celebra tradicionalmente na súa sede universitaria luguesa.