Ir o contido principal

Festividade de San Tomé de Aquino

Luns 27, ás 12.00 horas

O reitor da USC, Antonio López, preside este luns 27 o acto académico da festividade de San Tomé de Aquino na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo

Bandeiras na Reitoría da USC
Reitoría da USC

O reitor da USC, Antonio López, presidirá este luns 27 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, o acto académico conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino.

O reitor abrirá esta sesión académica logo dunha intervención do Grupo  Vocal Solo Voces e no marco da que a catedrática da área de Filoloxía Francesa da USC e profesora na Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, ofrecerá unha lección maxistral baixo o título ‘Novos estereotipos lingüísticos e redes sociais’. Ao seu remate, o discurso do reitor da USC servirá de peche dun acto académico que a USC celebra tradicionalmente na súa sede universitaria luguesa e que congrega a autoridades académicas e políticas, ademais dunha nutrida representación da sociedade civil.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2020.