Ir o contido principal

Festividade de Santa Otilia, patroa da Facultade de Óptica e Optometría

13.12.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna Carlos Gómez-Reino

O centro celebra 30 anos de formación de profesionais sanitarias/os de atención primaria e visual

A Facultade de Óptica e Optometría celebra a súa festividade. FOTO: Santi Alvite
A Facultade de Óptica e Optometría celebra a súa festividade. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Óptica e Optometría conmemora este martes, 13 de decembro, a festividade da súa patroa, Santa Otilia, nun acto académico que será presidido polo vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri. O evento comezará ás 12.00 horas na Aula Magna da Facultade.

Mª Jesús Giráldez Fernández, decana da facultade, fará un percorrido polos 30 anos do centro cara a unha atención primeira visual de calidade, co recoñecemento e agradecemento ao ámbito académico, profesional e da industria e empresa. O acto contará tamén coa intervención de Julie-Anne Little, directora do Comité Europeo de Cualificacións (European Qualifications Board) do Diploma Europeo en Optometría (European Council of Optometry and Optics).

Esta cerimonia de celebración da festividade do centro, incluirá o recoñecemento ás contribucións de persoas que forman parte do profesorado do centro como Carlos Gómez-Reino Carnota, María Victoria Pérez Martín, Jay Martin Enoch, e Eva Yebra-Pimentel Vilar ao desenvolvemento e promoción da titulación, e tamén gardará lugar para disinguir a integrantes do estudantado egresado como Carlos Asorey Sánchez, Perfecto González Collazo e Ramón Vizoso Río. Ademais, o evento servirá para dar a coñecer os mellores expedientes da Diplomatura/Grao en Óptica e Optometría. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2022.