02.05.2022 | 19.00h
A investigadora da USC, Diana Pelaz Flórez, ofrece esta conferencia na Facultade de Xeografía e Historia

A Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia acolle o luns 2 de maio ás 19.00 horas unha conferencia de Diana Pelaz Florez que leva por título 'Fiando a revolta. Participación feminina na coflitividade social e política da Baixa Idade Media'.
A conferencia é organizada polo alumnado do centro coa coordinación de Paulo López Muñoz, quen será o encargado de presentar o acto.
Para asistir é preciso cursar inscrición nesta ligazón.