Ir o contido principal

'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia'

A física das palabras: diálogo con Anna R. Figueiredo

08.04.2021 | 20.00h

Videoconferencia en YouTube

Evento organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Cartel do evento
Cartel do evento

A vicepresidenta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e doutora en Física, Anna R. Figueiredo, participará na oitava conversa virtual do ciclo do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

Moderado polo investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein, o encontró emitido en directo pola canle de Youtube do IGFAE ten por obxectivo tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas: a literatura e a ciencia nesta ocasión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.04.2021.