Ir o contido principal

Masterclass

'Física de Partículas coas mans'

04.03.2022

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) organiza esta xornada para alumnado de bacharelato

Masterclass “Física de Partículas coas mans”
Masterclass “Física de Partículas coas mans”

A Masterclass “Física de Partículas coas mans” volve en formato presencial o vindeiro venres 4 de marzo ao Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Ata 70 estudantes poderán participar nesta xornada organizada polo IGFAE por oitavo ano consecutivo co obxectivo de dar a coñecer ao alumnado o día a día da investigación en física de partículas e espertar futuras vocacións científicas.

As inscricións xa están abertas para dous estudantes de 2º de bacharelato por centro educativo no seguinte formulario ata as 23:59 do domingo 13 de febreiro. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada ata completar capacidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2022.