Ir o contido principal

Conferencia | Seminarios Histagra

'Forças da reprodução. Género, trabalho e ecologia no Antropoceno'

18.02.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Seminario 103. CISPAC | MS TEAMS

Con Stefania Barca, investigadora distinguida “Beatriz Galindo” sénior do departamento de Historia da
USC

Conferencia 'Forças da reprodução. Género, trabalho e ecologia no Antropoceno'
Conferencia 'Forças da reprodução. Género, trabalho e ecologia no Antropoceno'

O grupo de investigación Histagra organiza o venres 18 de febreiro, ás 12 horas,  unha conferencia da investigadora Stefania Barca que leva por título 'Forças da reprodução. Género, trabalho e ecologia no Antropoceno'. 

A sesión, desenvolverase presencialmente na sede do CISPAC (Edificio Fontán, Cidade da Cultura), pero tamén é posible participar de modo virtual a través de MS TEAMS

Stefania Barca

Stefania Barca é Investigadora Distinguida “Beatriz Galindo” sénior do departamento de Historia da USC. Orixinaria de Italia, onde foi profesora asociada en Historia Moderna (2014) e en Historia Económica (2013), nos últimos doce anos traballou como investigadora sénior no Centro de Estudos Sociais (CES) da Universidade de Coimbra, onde desempeñou diversos cargos de liderado investigador e supervisou investigacións de doutoramento e pos-doutoral. Anteriormente, foi investigadora visitante no Programa de Estudos Agrarios da Universidade de Yale (2005-06), e recibiu bolsas sabáticas nas Universidades de Berkeley (2006-08) e Lund (2015-16); máis recentemente, foi a cuarta profesora “Zennstrom” en Liderado do Cambio Climático na Universidade de Uppsala (2021). Os seus intereses de investigación radican na Historia do Medio Ambiente e a Ecoloxía Política, con foco na era industrial. Investigou a enerxía hidráulica e a elaboración de paisaxes industriais (s. XVIII-XX); mobilizacións ambientais (campesiñas, indíxenas e obreiras) en Italia, Brasil e Portugal dende os anos 70 ata a actualidade; e investiga na actualidade a Transición Xusta desde unha perspectiva feminista, con especial atención ao traballo de coidados. Publicou amplamente en revistas internacionais revisadas por pares; a súa monografía do libro Enclosing Water. Nature and Political Economy in a Mediterranean Valley (Cambridge, Reino Unido: White Horse Press 2010), foi galardoada co Turku Book Prize en 2011; a súa última monografía Forces of Reproduction. Notas para un antropoceno contrahexemónico foi publicada pola Cambridge University Press en 2020. É activa en redes feministas, de xustiza climática e de decrecemento, e o seu traballo foi traducido e difundido en varios idiomas

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2022.