Ir o contido principal

Seminario en liña

‘A formación en blockchain: o futuro xa está aquí’, impartido polo grupo de investigación GAME-IDEGA da USC

29.07.2020 | 11.00h

Seminario en liña

O seminario enmárcase no proxecto internacional DLT4All, unha iniciativa Erasmus +que pretende desenvolver un programa de formación en tecnoloxías blockchain e DLT nas universidades europeas

Imaxe de arquivo. Pixabay
Imaxe de arquivo. Pixabay

O obxectivo deste encontro é presentar o currículo elaborado por DLT4All e os casos de estudo asociados ao programa, así como proporcionar información sobre os diferentes cursos piloto que se desenvolverán de xeito aberto e gratuíto a partir do próximo mes de setembro. O evento, moderado por Manuel Fernández Grela, do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e participante no proxecto, conta ademais con profesionais de perfís diversos como o presidente de AGALBIT (Asociación Galega de Blockchain e IoT), Antonio Comesaña; o xerente do Clúster de Madeira e o deseño de Galicia, Ricardo Ginzález; e o especialista en blockchain de The Telescope CTIC, Emilio Tereñes, que presentarán casos de uso da tecnoloxía relacionados coa trazabilidade dos produtos nas cadeas de valor. A inscrición neste evento pode formalizarse nesta ligazón.

O proxecto DLT4All pretende crear un programa de ensino universitario baseado no blockchain que posibilite impartir formación de alta calidade neste campo tanto na USC como noutras universidades europeas. Fernández Grela sinalou que o obxectivo é “involucrar aos beneficiarios potenciais do programa nun proceso de co-creación do seu deseño, elaborado tanto dende a universidade como dende o mundo no que se manexan estas tecnoloxías, para que o produto educativo final se axuste á demanda e necesidades dos emprendedores e investidores”

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.07.2020.