16.10.2024 | 17.00h
Abordarase o tema 'Como esmorece o Estado democrático? O caso de Venezuela'

Baixo o lema 'Como esmorece o Estado democrático? O caso de Venezuela' este mércores 16 de outubro a partir das 17.00 horas, desenvólvese na Facultade de Dereito un foro de Dereito Constitucional sobre as ameazas ás que se enfronta na actualidade o Estado Democrático, para o que se prestará especial atención ao caso de Venezuela. O foro está aberto a toda a comunidade universitaria e, en xeral, a toda persoa con interese no tema. Non é necesaria inscrición previa, senón que se poderá acceder ata completar a capacidade do espazo.
