Ir o contido principal

Fundación Dieta Atlántica

I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible

13.09.2021

Santiago de Compostela – Ribeira/ En liña

Evento organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través da Fundación Dieta Atlántica, e maila Xunta de Galicia

Dieta atlántica. Foto: Santi Alvite
Dieta atlántica. Foto: Santi Alvite

Conscientes da importancia de fomentar unha dieta saudable baseada no consumo de peixe e produtos do mar, os días 13 e 14 de setembro bota a andar o I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible (DIETLÁNTICA), que pretende erixirse como un punto de encontro no que debater sobre un xeito de alimentación equilibrado e sostible.

Ao longo de dous días, daranse cita diferentes profesionais de recoñecido prestixio dos ámbitos sanitario, nutricional, educativo e gastronómico para abordar os beneficios dunha dieta baseada na implementación dunha dieta beneficiosa desde os puntos de vista nutricional, medioambiental e social.

Ao evento, que poderá ser seguido en aberto por streaming, poderase asistir presencialmente na primeira xornada previo rexistro en liña. Podes atopar toda a información nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.09.2021.