14.05.2024 | 17.00h

O impacto da Intelixencia Artificial (IA) no campo da Comunicación concentra o interese de profesionais, equipos de investigación e empresas que traballan no sector. As oportunidades que se abren e os riscos que implica esixen a organización de foros a fin de que, de forma sectorial, se identifiquen os retos que hai que afrontar e as mellores formas de facelo. A fin de responder a este desafío, desde o grupo Novos Medios da USC organízanse dous foros no mes de maio que abren esta liña de traballo.
No segundo deles Charo Lacalle, catedrática de xornalismo na Universitat Autònoma de Barcelona, falará de 'Perfís de investigadores solventes en tempos de IA' o 14 de maio ás 17.00 horas no Seminario 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación.
