Ir o contido principal

Foro de políticas de comunicación en tempos de IA

08.05.2024 | 17.00h

Santiago de Compostela
Seminario 3 (segundo andar)

Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

O impacto da Intelixencia Artificial (IA) no campo da Comunicación concentra o interese de profesionais, equipos de investigación e empresas que traballan no sector. As oportunidades que se abren e os riscos que implica esixen a organización de foros a fin de que, de forma sectorial, se identifiquen os retos que hai que afrontar e as mellores formas de facelo. A fin de responder a este desafío, desde o grupo Novos Medios da USC organízanse dous foros no mes de maio que abren esta liña de traballo.

No primeiro deles Concha Pérez Curiel, profesora de xornalismo na Universidade de Sevilla, falará de 'Políticas de comunicación en tempos de IA' o 8 de maio ás 17.00 horas no Seminario 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2024.