Ir o contido principal

I Xornadas Interdiscipinares Nayade

'Os froitos da "pertinaz sequía". Auga, patrimonio e memoria'

24.02.2021 | 16.00h

Videoconferencia en Microsoft Teams

Curso organizado baixo un proxecto de carácter nacional dirixido por Begoña Fernández Rodríguez como investigadora principal

Cartel do evento
Cartel do evento

As I Xornadas Interdiscipinares Nayade, que terán lugar entre o 24 e o 26 de febreiro, levan por título 'Os froitos da "pertinaz sequía". Auga, patrimonio e memoria'. Este evento conta co aval das universidades de Santiago de Compostela, Oviedo e Extremadura, a través dos grupos de invetigación Iacobus, Es-Art e i-Pat, respectivamente.

O curso xira entorno ó impacto patrimonial que dos encoros na península, prestando unha especial atención ó envestimento durante a dictadura. Entre os casos que se tratarán están Vega de Tera, San Pedro de la Nave, Belesar, Os Peares, As Conchas, Granadilla, Talavera la Vieja, Aldeadávila ou Argusino.

Ademáis das universidades organizadoras, participan poñentes do Instituto de Patrimonio Cultural de España, a Universidade de Alcalá de Henares, a Universidade de Sevilla, a Universidade de Zaragoza ou a Universidade de Turín. Tamén colabora a Federación Nacional de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Encoros, coa que hai un convenio marco de colaboración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.02.2021.