Ir o contido principal

Ciclo de conferencias 'COVID-19: Hoxe é o día despois'

'O futuro dos obxectivos de desenvolvemento sostible 2030: Retos urxentes'

19.05.2020 | 19.00h

Videoconferencia en Zoom

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Zoom

Mascarilla e guantes. Foto: Pixabay
Mascarilla e guantes. Foto: Pixabay

Noelia Romero Castro, profesora de Economía Financeira e Contabilidade da USC, Josefa de León Blanco, membro do Comité do Pacto Mundial das Nacións - España, e Elena Pérez Carrillo, profesora de Dereito Mercantil da Universidad de León, abordarán neste encontro virtual o futuro dos obxectivos de desenvolvemento sostible de cara a 2030.

Esta videoconferencia gratuita e aberta ao público require inscripción previa a tavés da plataforma Zoom. Fai click aquí para rexistrarte como público. 

O ciclo de encontros online 'COVID-19: Hoxe é o día despois' reunirá ao longo das próximas semanas a expertos e expertas nacionais e internacionais para abordar temas relevantes no contexto da crise provocada polo COVID-19.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2020.