Logo dun obradoiro na Facultade de Ciencias da Comunicación sobre a creación de pitching, unha ferramenta clave para a procura de financiamento e a venda de produtos audiovisuais e xornalísticos, a Comisión de Normalización Lingüística convocou un concurso cuxa gala final será o 29 de outubro, ás 16.30 horas, no Auditorio da facultade.
O concurso de pitching en galego ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega en contextos formais e profesionais, de xeito que no evento deste mércores o estudantado concursante terá que demostrar a súa creatividade, as habilidades comunicativas e dominio da lingua galega.
A gala final presentaraa Patricia Santana e nela participarán a xornalista e fotógrafa Lucía Junquera, o produtor e docente Gaspar Broullón e a comunicadora e programadora Andrea Villa.