Trátase dun encontro cultural e deportivo promovido polo alumano da Facultade
Como parte das conmemoracións da Semana da Psicoloxía, a USC participa en diferentes eventos que buscan dende este ámbito fomentar o desenvolvemento de actividades culturais e deportivas que favorezan a convivencia as persoas que integran a nosa comunidade, e mesmo a afianzar o vínculo entre o estudantado e a institución.
Así, o día 6 de marzo a partir das 15 horas celebrarase a primeira edición da Gala Deportiva da Facultade de Psicoloxía. Música, xogos populares, espectáculo de maxia e mesmo un partido de exhibición da Liga Genuine do Deportivo da Coruña conforman o programa deste encontro organizado polo estudantado do centro que busca servir para estreitar vínculos entre as persoas integrantes da comunidade universitaria. As distintas actividades desenvolveranse no pavillón deportivo do Campus Sur a partir das 15.00 horas e o evento concluirá ás 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade .